O recinto feiral abrirá o 13 e o 14 de outubro con prezos reducidos

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o recinto feiral abrirá o 13 e o 14 de outubro con prezos reducidos.

“Celebraremos dous días da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia dúas xornadas máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos”, explicou Maite Ferreiro.

A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido de 3€ por viaxe nas atraccións para persoas adultas e de 2.50€ nas atraccións infantís.

Maite Ferreiro afirmou que “o San Froilán 2023 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica”.