O deporte volve marcar tendencia na programación do San Froilán 2017

Trátase dun total de 24 citas deportivas de preto dunha vintena de modalidades diferentes, entre as que se atopa o ciclismo, fútbol sala, tiro con arco, atletismo, balonmán, hockey en liña, voleibol, judo, boxeo, pesca ou golf, entre outros

"O San Froilán é a nosa festa patronal, é feira e é festa, pero tamén é unha cita deportiva na que se concentran uns 2.000 deportistas, tanto de base como de recoñecida traxectoria", asegurou o Concelleiro de Deportes

Para Miguel Fernández, é "unha completísima oferta, que converterá ao deporte nun dos principais protagonistas do San Froilán, co obxectivo de promover a participación dos veciños nun calendario de actividades que contempla moitas das disciplinas deportivas que se practican no noso municipio"

 

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu a coñecer este martes as distintas actividades deportivas que compoñen a programación do San Froilán 2017. Trátase dun total de 24 citas deportivas de preto dunha vintena de modalidades diferentes, entre as que se atopa o ciclismo, fútbol sala, tiro con arco, atletismo, balonmán, hockey en liña, voleibol, judo, boxeo, pesca ou golf, entre outros. 

Miguel Fernández tamén fixo fincapé na Gala do Deporte, que esta edición se celebrará o mércores, 11 de outubro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas, onde se premiará por décimo terceiro ano o deporte lugués.

"O San Froilán é feira e é festa patronal, pero tamén é unha cita deportiva na que se concentran uns 2.000 deportistas, tanto de base como de recoñecida traxectoria", asegurou o edil, ao tempo que lembrou que o deporte sempre tivo un importante oco nestas festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional.

A cidade comezará a vivir a festa do deporte o domingo 24 de setembro, coa XVIII Marcha Cicloturista San Froilán, tal e como avanzou Fernández, ao tempo que anunciou que as actividades deportivas se desenvolverán ata o 14 de outono nuns 12 lugares diferentes e instalacións municipais, o polideportivo municipal O Pombal, na Avenida Ramón Ferreiro, no Pavillón Municipal dos Deportes, no polideportivo Daniel Cordido, na CAsa do Deporte, no Club Fluvial de Lugo, no Estadio Anxo Carro, no Campo Municpal Germán López Vila, no Campo Municipal de A Cheda, no Campo de Golf de Lugo e en Pool Bar Tiempos Modernos

Para o Concelleiro de Deportes, estamos a falar "dunha completísima oferta, que converterá ao deporte nun dos principais protagonistas do San Froilán co obxectivo añadido de promover a participación dos veciños e veciñas nun calendario de actividades que contempla moitas das disciplinas deportivas que se practican no noso municipio".

Calendario deportivo San Froilán 2017

24 setembro

  • 09.00 h. XVIII Marcha Cicloturista San Froilán
  • Saída e chegada do Polideportivo Municipal O Pombal

30 setembro

  • 16.00 h. XVII Gran Premio Ciclista San Froilán
  • Circuíto Avenida Ramón Ferreiro
  • Liga Nacional Fútbol Sala 2ª División
  • Prone - FSD Puertollano
  • Pavillón Municipal dos Deportes

01 outubro

  • 10.00 h. XI Trofeo San Froilán de Tiro con Arco
  • Polideportivo Daniel Cordido (Piringalla)
  • 10.00 h. Campionato Galego de Tiro Xóvenes Promesas
  • Galería Tiro-Polideportivo Casa do Deporte
  • 11.30 h. III Carreira Popular de Montaña
  • Club Fluvial de Lugo
  • Liga 123 2ª División
  • C.D. Lugo - Tenerife
  • Estadio Anxo Carro

07 outubro

  • 10.00 h. Torneo San Froilán Balonmán (Masculino/Feminino)
  • Pavillón Municipal dos Deportes
  • 10.00 h. XXII Torneo San Froilán de Hockey Liña
  • Polideportivo Daniel Cordido (Piringalla)
  • 10.30 h. IX Torneo San Froilán de Veteráns e promesas de Béisbol
  • Campo Municipal Germán López Vila (O Ceao)
  • 19.00 h. Superliga 2 Feminina
  • Emevé - C.V. Torrelavega
  • Superliga 2 Masculina
  • Emevé - Club Vigo Voleibol
  • Pavillón Municipal dos Deportes

08 outubro

  • 17.00 h. XLIII Torneo Judo San Froilán
  • Pavillón Municipal dos Deportes

09 outubro

  • 23.00 h. III Torneo San Froilán de Boxeo
  • Polideportivo Municipal O Pombal

11 outubro

  • 20.30 h. XIII Entrega Premios El Progreso Ao Deporte Lucense
  • Auditorio Gustavo Freire
  • 21.00 h. VII Copa San Froilán de Fútbol-7 (+35 anos)
  • Campo Municipal de A Cheda
  • Liga 123 2ª División
  • C.D. Lugo - Córdoba
  • Estadio Anxo Carro

12 outubro

  • 09.00 h. XIII Concurso Pesca Ciprinidos San Froilán
  • Club Fluvial de Lugo

13 outubro

  • 16.00 h. VII Open San Froilán de Dardos Electrónicos
  • Pool Bar Tiempos Modernos

05-11 outubro

  • 16.00 h. Torneo San Froilán Softball
  • Campo Municipal Germán López Vila (O Ceao)

06-07 outubro

  • 10.00 h. IV Open San Froilán de Squash
  • Pazo Provincial Dos Deportes
  • 16.00 h. XV Open San Froilán Billar Pool
  • Pool Bar Tiempos Modernos

13-14 outubro

  • 10.00 h. XXI Torneo de Golf San Froilán
  • Campo de Golf de Lugo

14 outubro

  • Liga Nacional Fútbol Sala 2ª División
  • Prone - Pescados Rubén Burela
  • Pavillón Municipal dos Deportes

Audio

 

 

Un saúdo

GABINETE DE COMUNICACIÓN