Cargando...
SAN FROILÁN MIÚDO
Do 4 ao 12 de outubro
No patio do Seminario

O Concello de Lugo quere ofrecer, dentro da programación das Festas de San Froilán 2016 ás familias de Lugo e aos visitantes unha variada actividade cultural en na carpa situada no patio do edificio administrativo do Concello (Seminario)  entre os días 4 e 12 de outubro co programa “San Froilán Miúdo”

Trátase dun programa que abrangue dous importantes aspectos: un, o ocio participativo, con zona de xogos interactivos, cooperativos, de habilidade e enxeño, de colaboración interxeracional e o outro, a modo de remate da sesión, un espectáculo para observar de sentados na maior parte dos días aínda que hai algunha de baile e participación activa. As disciplinas que se tocarán serán a maxia, o teatro, a música, o cinema… polo que se cubre un amplo abano de temas e resulta apto para públicos de todas as idades. No caso de dirixirse a público moi específico coma os bebés, sinalarase oportunamente.

Todas as actividades, que son de balde, celébranse en horario de tarde, das 17.00 ás 20.00 h. e os días que non hai colexio (5, 8, 9 e 12 de outubro) tamén de mañá, das 11.00 ás 14.00 h.

 

< VOLVER
 
Concello de Lugo
Praza Maior, 1   //   27001   Lugo   //   982 29 71 00