Programa

Lucus Holi

1. Qué é?

- O po de color está feito dun 99% de po de amidón, 0,8% de colorante e 0,2% de aromatizante. Non contén glute.


2. É perigoso ou velenoso?

- Os pos de cores están fabricados con compoñentes naturais, e son absolutamente seguros para o uso das persoas así como para o medio ambiente. Debido ao seu tamaño, nalgunhas persoas poden causar problemas respiratorios.

Non é recomendable o uso de pos para persoas asmáticas ou con outros trastornos alérxicos. Non utiliar en espazos pechados ou con pouca ventilación.


3. Que roupa poño? Mancharase?

- Esta festa tan popular ten como obxectivo mancharse de cor, así que eva a roupa máis vella do armario.

Preferentemente de cor branca para que resalten as cores e foza sen preocuparte.

Recoméndase lavar a roupa xusto despois do evento. En ocasións, algunhas manchas resístense, podes poñer a roupa a remollo unhas horas ou utilizar un pouco de lixivia.


4. Se me cae na boca?

- Dado que os pos están fabricados a base de ingredientes alimentarios, o seu consumo accidental non pasa dunha desagradable experiencia.


5. Que pasa se entra en contacto cos ollos?

- Aínda que os pos non conteñen substancias irritantes nin nocivas para os ollos, tenden a absorber humidade e causar sequidade temporal nesta área. Vixía que os pos non entren nos teus ollos.

No caso de que o fagan, lávate abundatemente con auta ata que a molestia desapareza. Unhas lentes de sol ou de mergullarse ou simplemente ter coidado son algunhas das solucións.


6. Que ocorre co meu pelo e coa miña pel?

- Tranquilidade, cun par de lavados estás recoñecible e de novo o po enxáugase con facilidade na maioría dos casos. Pero coidado co cabelo louro tinguido, é posible que pequeñas partículas de po queden adheridas ai cabelo. Recomendamos acondicionar o teu cabelo con algún aceite para evitar o pelo pintado. Podes utilizar xampú anticaspa, aceite de oliva con limón ou pastillas de aspirina disoltas en auga para aclarar o pelo. Se che preocupa, unha forma divertida de protexer o teu pelo é usando a perruca máis orixinal que atopes.


7. Son permanentes?

- Os pos de cores están deseñados para ser completamente biodegradables, así como lavables con auga e xabón, polo tanto, límpanse da pel, roupe, cabelo, mascotas e superficies usadas como paredes e chan.

Tampouco hai problemas en asfalto e chans de cemento. O uso e rema hidratante na pel antes e despois do evento fará que poidas sacar a tintura con máis facilidade.