imagen slider
imagen slider
imagen slider
imagen slider
imagen slider
Como chegar a Lugo?

Galicia é a comunidade autónoma máis ao noroeste da península Ibérica, e ten catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Xeograficamente, limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Portugal, ao oeste co océano Atlántico e ao leste co Principado de Asturias e Castela e León.
Lugo é capital de provincia e ocupa unha posición central respecto aos seus bordos norte e sur. É unha cidade de paso obrigado para todos os que entran en Galicia por estrada a través da vía de acceso norte.

Como chegar a Lugo: en avión

Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)

Situación: Lavacolla, CP 15820
Teléfonos: (+34) 981 547 500/ 501
www.aena.es

Distancia a Lugo: 120 km (arredor de 1 hora e quince minutos.)
Desde o aeroporto de Lavacolla a Lugo tomar a N-634 dirección Oviedo e incorporarse á A-6 dirección Lugo-Madrid-Oviedo. Tomar a saída 500 Lugo centro- polígono do Ceao.
Outra alternativa desde o aeroporto é tomar a AP-9 dirección A Coruña, durante 38,3 km e tomar a saída 16 cara a Arteixo- Lugo- Madrid para incorporarse á A-6 dirección Lugo, durante 67,5 km. Tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Servizos:
- Autobuses (liña Aeroporto - Lugo).
A empresa Freire une o aeroporto de Santiago coas estacións de autobuses de Lugo e Santiago de Compostela. En Santiago tamén fai parada no centro da cidade, na rúa Doutor Teixeiro. Pode consultar os horarios de saída e chegada na súa Web (www.empresafreire.com), ou nos teléfonos (+34) 981 588 111 e (+34) 981 542 416.
- Taxis: parada aeroporto (+34) 981 591 575; radiotaxi: (+34) 981 569 292.
- Alugamento de automóbiles
Atesa | Avis | Europcar | Hertz |
- Oficina de información turística: Turismo de Santiago (+34) 981 555 129

Aeroporto de Alvedro (A Coruña)

Situación: Alvedro. CP 15180. Culleredo, Almeiras
Teléfonos: (+34) 981 187 200
www.aena.es

Distancia a Lugo: 88,5 km (arredor de 1 hora).

Saír do aeroporto pola AC-211 cara á Coruña, enlazar coa AP-9 e continuar por ela durante 8 km, tomar a saída 16 cara a Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km, e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Servizos:
- Autobuses (liña A Coruña - Lugo).
A empresa Arriva realiza os servizos de transporte de viaxeiros entre A Coruña e Lugo. Pode consultar os horarios de saída e chegada na súa Web (http://www.arriva.es), ou no teléfono (+34) 902 277 482.
- Autobuses (liña Aeroporto - A Coruña).
A empresa Cal Pita realiza os servizos de transporte de viaxeiros entre o aeroporto e a estación de autobuses da Coruña. Pode consultar os horarios de saída e chegada na súa Web (http://www.autoscalpita.es), ou no teléfono (+34) 981 235 759.
- Taxis: parada aeroporto (+34) 981 651 111; teletaxi: (+34) 981 287 777
- Alugamento de automóbiles
Atesa | Avis | Europcar | Hertz |
- Oficina de información turística Turismo da Coruña(+34) 981 221 822.

Aeroporto de Peinador (Vigo)

Situación: Peinador
Teléfonos: (+34) 986 268 200
www.aena.es

Distancia a Lugo: 215 km (arredor de 2 horas)

Saír do aeroporto pola estrada local PO-2602, continuar pola Avda. do aeroporto durante 70 metros e seguir pola Avda. do Tranvía durante 500 metros cara a Vigo- Pontevedra- Baiona. Enlazar coa AP-9 e continuar durante 140 km ata tomar a saída 16 dirección Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Servizos:
- Autobuses (liña Vigo - Lugo).
A empresa Monbus realiza os servizos de transporte de viaxeiros entre Vigo e Lugo. Pode consultar os horarios de saída e chegada na súa Web (www.monbus.es) ou no teléfono (+34) 902 292 900.
- Autobuses (liña aeroporto - Vigo).
A liña circula 9A da empresa Vitrasa realiza os servizos de transporte de viaxeiros entre o aeroporto e a cidade. Pode consultar os horarios na súa Web (www.vitrasa.es) ou no teléfono (+34) 986 207 474.
- Taxis: parada aeroporto (+34) 986 272 829; Radio Taxi Vigo: (+34) 986 252 700.
- Alugamento de automóbiles
Atesa | Avis | Europcar | Hertz |
- Oficina de información turística: Oficina de Turismo de Vigo (+34) 986 430 557

Como chegar a Lugo: en tren

Renfe é a empresa de servizos de transportes de viaxeiros que conecta as principais cidades de España. Pode consultar información detallada sobre percorridos, horarios e prezos na súa páxina Web (www.renfe.es) ou no teléfono (+34) 902 24 02 02.

Estación de FF.CC. de Lugo
Praza de Conde Fontao, s/n, CP 27003
Teléfono: (+34) 902 32 03 20
(www.renfe.es)

Servizos:
- Parada de Taxis. Teléfono:(+34) 982 21 33 77

Traxectos e horarios dentro de Galicia
As cidades de Galicia que teñen comunicación ferroviaria directa con Lugo son A Coruña, Ferrol e Monforte de Lemos.

A Coruña - Lugo
Monforte de Lemos - Lugo
Ferrol - Lugo

Traxectos e horarios fóra de Galicia
Os principais enlaces de Lugo co resto de España son Barcelona e Madrid, cos que hai conexión directa.

Lugo - Barcelona
Barcelona - Lugo
Lugo - Madrid
Madrid - Lugo

Como chegar a Lugo: en autobús

Estación de Autobuses de Lugo
Praza da Constitución, s/n (+34) 982 223 985

Servizos:
- Parada de Taxis (+34) 982 21 33 77
- Alugamento de coches:
Servilugo: Río Sil, 52, 27003, Lugo (+34) 982 24 54 16 ou en servilugo@telefonica.net
Europcar: Av. A Coruña, 489, Lugo 902 504 880 ou en www.europcar.es
Autos Galicia: Av. Alcalde Ánxel López Pérez, S/N, 27002 , Lugo (+34) 982 241 507
Autos Iglesias: B.º Fervedoira, S/N, 27003 , Lugo (+34) 982 284 026 ou en www.autosiglesias.com
Avis: Av. Ramón Ferreiro, 21, 27002 , Lugo (+34) 982 250 154 ou en www.avis.es
Automóviles Nuñez: Vilalba, S/N 27002 , Lugo (+34) 982 241 490 ou en manuelncarreira@terra.es

Traxectos desde Lugo:

Os Ancares (ata Navia de Suarna): González de la Riva (+34) 982 223 760
O Courel (ata Quiroga): Monbus (+34) 902 292 900 ou en www.monbus.es
Ribeira Sacra (ata Monforte de Lemos): Monbus (+34) 902 292 900 ou en www.monbus.es
Sárria: Monbus (+34) 902 292 900 ou en www.monbus.es
A Mariña (ata Burela): Arriva (+34) 902 277 482 ou en www.arriva.es
Santiago de Compostela - Lugo: Freire (+34) 982 220 333 ou en www.empresafreire.com
Pontevedra - Lugo: Monbus (+34) 902 292 900 ou en www.monbus.es
Vigo - Lugo: Monbus (+34) 902 292 900 ou en www.monbus.es
Ourense - Lugo: La Directa (+34) 982 223 989
A Coruña - Lugo: Arriva (+34) 902 277 482 ou en www.arriva.es

Madrid - Lugo: Alsa(+34) 902 42 22 42 ou en www.alsa.es
Barcelona - Lugo: Alsa(+34) 902 42 22 42 ou en www.alsa.es
Bilbao - Lugo: Alsa(+34) 902 42 22 42 ou en www.alsa.es
Sevilla - Lugo: Alsa(+34) 902 42 22 42 ou en www.alsa.es

Como chegar a Lugo: por estrada

Desde Santiago de Compostela:
Desde Santiago de Compostela tomar a N-634 dirección Oviedo e incorporarse á A-6 dirección Lugo-Madrid-Oviedo. Tomar a saída 500 Lugo centro- polígono do Ceao.
Outra alternativa é tomar a AP-9 dirección A Coruña, durante 38,3 km e tomar a saída 16 cara a Arteixo- Lugo- Madrid para incorporarse á A-6 dirección Lugo, durante 67,5 km. Tomar a saída 500 cara Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Distancia a Lugo: 120 km (1 hora e quince minutos aprox.)

Desde A Coruña:
Saír da Coruña pola AP-9, percorrer a autoestrada durante 13,2 km. Tomar a saída 16 cara a Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km, e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Distancia a Lugo: 98 km (1 hora aprox.)

Desde Vigo:
Saír de Vigo pola AP-9 dirección A Coruña e continuar durante 140 km ata tomar a saída 16 dirección Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Distancia a Lugo: 219 km (2 horas, aprox.)

Desde Pontevedra:
Saír de Pontevedra collendo a autoestrada AP-9 (dirección A Coruña). Percorrer a autoestrada AP-9 durante 112 km. Tomar a saída 16 dirección Lugo-Madrid-Arteixo, seguir pola A-6 durante 67,5 km e tomar a saída 500 cara a Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Distancia a Lugo: 193 km (1 hora e cincuenta minutos, aprox.)

Desde Ourense:
Saír de Ourense pola estrada N-525 dirección Santiago e continuar durante 9,9 km, coller a estrada N-540 dirección Lugo, e percorrela durante 80 km. Entrar na cidade pola avenida das Américas.

Distancia a Lugo: 95,4 km (1 hora e 15 minutos, aprox.)
    
Desde Ferrol:
Saír de Ferrol collendo a autoestrada AP-9 (dirección A Coruña / Santiago). Percorrer a autoestrada AP-9 durante 25,4 km, e coller o enlace coa autovía A-6. Percorrer a autovía A-6 durante 68,9 km e tomar a saída 500 cara Lugo centro- polígono do Ceao. Continuar pola Avda. Benigno Rivera durante 1,7 km cara ao centro de Lugo.

Distancia a Lugo: 115 km (1 hora e dez minutos, aprox.)

 
Concello de Lugo
Praza Maior, 1   //   27001   Lugo   //   982 29 71 00