Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







É verdade que á hora de organizar e programar o San Froilán do 2009 nos moviamos dentro duns límites algo máis estritos ca outros anos, e que a redución dos orzamentos que impón a responsabilidade política nunhas circunstancias económicas coma as presentes parecía restrinxir en principio as posibilidades de contratación.

Non obstante, o esforzo de todo o equipo da Concellería de Cultura e Turismo e unhas negociacións a miúdo laboriosas conducíronnos ó éxito de lograrmos un programa que, aínda sendo realmente aforrador, non o parece pola súa riqueza.

Era un reto difícil, pero conseguimos traer a Lugo importantes concertos que sen dúbida atraerán multitudes. E por suposto, a presenza nas rúas, nas prazas e nos escenarios da música tradicional galega continúa sendo unha das características máis salientables dunhas festas que dende sempre se distinguiron pola súa atención á nosa cultura popular.

The Wailers, Peret, Amaral, María del Mar Bonet, Los Planetas, Fuxan os Ventos, entre outros excelentes músicos e artistas, encherán o San Froilán coas súas diversas ofertas e contribuirán a unhas festas para o gozo de hoxe e a lembranza de mañá. E todas as actuacións (excepto as anteriores ó inicio oficial das festas) serán gratuítas, como é sempre a nosa intención e como vén sendo xa tradicional.

Era necesario axustar os gastos á situación. Pero, para dicilo dunha maneira clara, as festas de San Froilán deixan moitos cartos en Lugo, e sería un grave erro tamén dende o punto de vista económico baixar o seu nivel, pois as festas non son un gasto, senón unha inversión para a cidade. O orzamento foi reducido, pero aínda así contamos cun magnífico programa que, estou segura, colmará as expectativas de lucenses e visitantes, facendo que unha vez máis estas sexan as festas máis fermosas do outono galego, tal como se titula –coas célebres palabras de Cunqueiro– o libro que este ano publicamos na Colección San Froilán dos devanceiros e que recolle moitas das mellores páxinas que cincuenta escritores lle teñen dedicado ó San Froilán de Lugo ó longo de case un século.

Así será, grazas ó programa, pero tamén a vós, que ano tras ano facedes coa vosa multitudinaria participación o que é quizabes a parte máis importante do San Froilán de Lugo.

Concepción Burgo López    
Concelleira de Cultura e Turismo    


Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.